ACCIÓN CULTURAL
Os detalles do certame foron presentados esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director de Galicreques, Jorge Rey. Todos eles destacaron esta presenza de compañías internacionais. Así, Galicreques acolle nesta edición espectáculos de compañías chegadas de Perú, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Cuba e México.
A pesar de que se trata de compañías de longa e exitosa traxectoria, e que moitas son ademais organizadoras de festivais de monicreques non seus países de orixe, para a maior parte destas compañías esta será a súa primeira actuación na península ibérica.
Entre estas compañías chegadas de Latinoamérica destacan propostas de tanta relevancia como o espectáculo Cinemano, de El Ojo Títeres, que combina a creación en directo de figuras e imaxes efémeras coa que se narran unha serie de historias de carácter urbano. Ou a dos arxentinos Tres Tigres Teatro, que presentan dúas montaxes nas que combinan os monicreques co traballo actoral e coa música. Destacable é tamén Lucía del espejo, testimonios de una piel, dos peruanos Proyecto Mariposa, un espectáculo de monicreques para adultos que combina teatro, danza, poesía e multimedia.
Lembrou Jorge Rey que o obxectivo prioritario de Barriga Verde, a asociación organizadora do festival, é fomentar o teatro de monicreques e propiciar o achegamento a Galicia de espectáculos de todo o mundo. "Iso posibilita que o público poida ver algunhas das mellores cousas que se están a facer fóra e tamén que aprenda a valorar o que aquí temos", dixo.
Un espazo tamén para o teatro galego
Nese sentido, Galicreques non esquece dedicar un espazo destacado da súa programación aos grupos de teatro de monicreques galegos. Nesta ocasión serán seis compañías as que terán a oportunidade de presentar oito espectáculos no marco do festival.
A nómina de compañías participantes complétase con outras catro chegadas dende outras comunidades autónomas españolas, como é o caso de Valencia, Aragón, Castela-A Mancha e Andalucía.
Ademais dos 21 espectáculos que conforman a súa programación central, Galicreques acollerá tamén, do 26 ao 30 de setembro, a representación en horario de mañá de 12 funcións dirixidas a escolares de diversos centros de ensino.
Premio Galicreques 2016
O festival concede cada ano un premio a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que contribúen a consolidar esta arte teatral.
A entidade galardoada neste 2016 é Topic, o Centro Internacional del Títere de Tolosa, único espazo de toda Europa dedicado integramente ao mundo das marionetas, que aposta pola imaxinación, a innovación e a orixinalidade. Topic tamén se converteu nun punto de encontro para os artistas de todo o mundo, un lugar onde aprender, mostrar, investigar, producir e compartir experiencias, información, reflexións e traballos nun espazo de vangarda, cómodo, funcional e cun equipamento de alto nivel.
O Festival Internacional Galicreques dedica a súa 21ª edición a Latinoamérica, de onde chegan 11 das 21 compañías participantes
22/09/2016 Dende hai dúas décadas o teatro de monicreques e bonecos ten en Galicia un referente fundamental: o Festival Internacional Galicreques, organizado pola asociación cultural Barriga Verde. O certame celebra a súa 21ª edición do 24 de setembro ao 2 de outubro, con 24 espectáculos para todos os públicos en diferentes teatros, salas e rúas de Santiago. A estes haberá que sumar 12 funcións especiais para público escolar.
O festival céntrase este ano no teatro de monicreques e obxectos de Latinoamérica, dende onde chegan 11 das 21 compañías que este ano participan en Galicreques. O director do certame, Jorge Rey, explica que "a idea do festival é sempre a de traer espectáculos que nos amosen outra mirada sobre a cultura e achegar aos nenos e ao público en xeral o teatro que se está a facer noutros lugares e que, de non ser por citas coma esta, seguramente nunca teríamos oportunidade de ver".Os detalles do certame foron presentados esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director de Galicreques, Jorge Rey. Todos eles destacaron esta presenza de compañías internacionais. Así, Galicreques acolle nesta edición espectáculos de compañías chegadas de Perú, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Cuba e México.