ESPAZOS CIDADÁNS E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Á mesa de diálogo serán convocadas as asociacións do sector Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Asociación de Bares e Pubs de Compostela e Tempo con Xeito. Ademais, o Goberno municipal convocará para participar na mesa a todos os representantes de todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal.
O Concello convoca unha mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna
22/09/2016 O Concello de Santiago convocará a mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna, en resposta a unha demanda formulada polos seus representantes. A reunión será o próximo 5 de outubro.
O obxectivo desta xuntanza é analizar a situación actual que atravesa o sector, buscar fórmulas para actualizar o marco normativo e adecualo á realidade social actual, co fin de conseguir a mellor convivencia entre o conxunto da cidadanía e un importante sector na cidade, tanto do punto de vista económico como en cuestión de emprego.Á mesa de diálogo serán convocadas as asociacións do sector Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Asociación de Bares e Pubs de Compostela e Tempo con Xeito. Ademais, o Goberno municipal convocará para participar na mesa a todos os representantes de todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal.