CONSORCIO
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
O centro ofrece para este curso académico 2016-2017 un total de 18 prazas. Repártense nas especialidades instrumentais de violín, viola, violoncello, contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta e percusión.
Este curso de posgrao ofrece aos futuros músicos a oportunidade de formarse coa Real Filharmonía de Galicia, xa que os/as mestres/as da Escola son músicos/as da RFG. E cada alumno/a participa nun mínimo de sete concertos coa orquestra. Ademais, teñen a oportunidade de tocaren en concertos públicos dentro da programación A Escola na cidade, onde teñen unha participación destacada como solistas.
A Escola de Altos Estudos Musicais logra cubrir todas as prazas ofertadas para o curso de posgrao de especialización orquestral
19/09/2016 O Curso Avanzado de Especialización Orquestral tivo esta fin de semana as súas probas para cubrir cinco prazas (tres de violín e dúas de viola) que quedaran vacantes na convocatoria do mes de xuño. Cubríronse as 18 prazas ofertadas para este curso académico, que permitirán aos admitidos e admitidas realizar prácticas tocando en concertos coa Real Filharmonía de Galicia.
As probas consistiron nunha audición na que as persoas candidatas tiveron que amosar as súas habilidades técnico-interpretativas diante dun xurado. A convocatoria foi un éxito, tanto pola cantidade como pola calidade dos aspirantes, polo que se lograron cubrir todas as prazas ofertadas.O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.