ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Os rapaces e rapazas que participaron na visita recibiron como agasallo do Concello unha imaxe da Catedral vista dende a Alameda e cadanseu exemplar do libro Así é Santiago, editado por El Patito Editorial e ilustrado por Fermín Solís. Pola súa parte, o alumnado do Instituto Santiago Apóstolo entregoulle ao alcalde un pequeno cadro feito coa técnica do fileteado, típica de Bos Aires, no que se pode ler "Dúas beiras unidas para sempre".
O alcalde recibe o alumnado do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires
15/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibiron este mediodía no Pazo de Raxoi o alumnado da VIII Promoción do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires. Os rapaces chegaron onte a Galicia na súa viaxe de fin de curso e visitarán a nosa comunidade ata o próximo día 29.
Durante a recepción, o alcalde lembroulles aos estudantes que tivo a oportunidade de coñecer o seu instituto durante a visita que realizou á capital arxentina con motivo da Feira do Libro de Bos Aires, na que Compostela foi a cidade invitada. Martiño Noriega loubou novamente o papel deste centro educativo,"no que a comunidade galega de Bos Aires segue manifestando a súa vontade de perseverar nas súas raíces galegas".Os rapaces e rapazas que participaron na visita recibiron como agasallo do Concello unha imaxe da Catedral vista dende a Alameda e cadanseu exemplar do libro Así é Santiago, editado por El Patito Editorial e ilustrado por Fermín Solís. Pola súa parte, o alumnado do Instituto Santiago Apóstolo entregoulle ao alcalde un pequeno cadro feito coa técnica do fileteado, típica de Bos Aires, no que se pode ler "Dúas beiras unidas para sempre".