CONVIVENCIA
Limitada a velocidade na avenida de Castelao a 30 quilómetros/hora
02/09/2016 Esta mañá remataron os traballos de sinalización na avenida de Castelao, na que dende hoxe non se poderá circular a máis de 30 quilómetros por hora.
A medida responde ao obxectivo de mellorar a seguridade nesta zona, cunha alta intensidade de tráfico, pero tamén con moita presenza de peóns. Nesa liña, nas últimas semanas tamén se eliminou o dobre carril que xeraba situacións de perigo nos pasos de peóns, reforzouse a sinalización horizontal e vertical e creáronse espazos de saída e incorporación.