PROTOCOLO

O embaixador de Cuba visita Compostela

19/04/2005 O Alcalde recibiu ao embaixador de Cuba en España, Alberto Velazco San José na Casa do Concello

A Casa do Concello acolleu o encontro entre o Alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o embaixador de Cuba en España, Alberto Velazco San José.

O Concello de Santiago de Compostela, irmanado co concello de Santiago de Cuba desde 1992, vén impulsando dende hai anos diversas iniciativas de cooperación, intercambio e solidariedade con esta municipalidade cubana, co propósito de fortalecer os vínculos comúns e contribuir á mellora das condicións de vida dos seus habitantes.

Ademais, o pasado ano, o Concello de Santiago e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asinaron un acordo para a elaboración do Plan Mestre para a Revitalización do Casco Histórico de Santiago de Cuba.

Compartir: