DEPORTES

O pavillón Pío XII contará con novas instalacións fronte a humidade

06/11/2006 Co fin de facer fronte a aparición de humidades sobre a pista do pavillón Pío XII, aprobouse a adquisición de deshumidificadores e calefactores de aire. Tamén se procederá a mercar acumuladores para calefacción nos vestiarios.

Esta adquisición de material para o pavillón inclúe tamén un novo túnel telescópico para saída de xogadores e unha porta de aluminio en vestiarios. En total, investiranse 23.123 euros neste subministro.

Compartir: