ALCALDÍA

Compostela, coa cultura do mar

06/11/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no seu despacho de Raxoi ao presidente da asociación cultural "Mar de Noia", Félix González Túñez. Na xuntanza falaron do traballo que realiza esta entidade, que dende decembro a xaneiro traerá a Compostela a "Exposición do mar"

Esta mostra estará no claustro do Seminario Maior e o seu obxectivo é axudar aos nenos enfermos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Na mesma amosarase a alumnos de toda Galicia unha visión do mundo marítimo.

A asociación "Mar de Noia" leva varios anos traballando para recuperar o patrimonio cultural marítimo de Galicia. Está integrada por mariñeiros que organizan exposicións e imparten charlas e seminarios sobre a cultura do mar.

Compartir: