CENTROS SOCIOCULTURAIS

Encontro entre xeracións no barrio de San Pedro

04/11/2006 Vecinos e veciñas de moi diversas idades de San Pedro reuníronse no Centro Sociocultural da Trisca para abrir a primeira das exposicións incluídas no proxecto "A historia vai por barrios". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, foron os encargados de inaugurar esta mostra, que evoca a memoria colectiva deste emblemático barrio santiagués.

A esta memoria se referiu Sánchez Bugallo na súa intervención, na que animou aos veciños a botar a vista atrás cara o seu rico pasado, que configurou o que hoxe son. Convidounos tamén a tomar a exposición como unha referencia para intercambiar experiencias entre todos, sexa cal sexa a idade, e despois cos veciños dos outros barrios que tamén terán exposición, como Villestro, Vite, A Rocha, Enfesta ou o Ensanche.

Neste mesmo obxectivo coincidiu Mercédes Rosón, que agradeceu a todos o esforzo realizado para chegar a concretar o proxecto de "A vida vai por barrios". Sen as súas imaxes, sen a súa documentación e, sobre todo, se as súas lembranzas, esta mostra non sería posible.

Compartir: