ORZAMENTOS

A Xunta de goberno aproba os investimentos para barrios e zonas rurais

18/04/2005 O Concello investirá máis de 700.000 euros en obras de acondicionamento de campos de festa e actividades deportivas en zonas rurais e de beirarrúas e reparacións de pavimento nalgúns barrios de Santiago.

A Xunta de Goberno Local aprobou o prego e inicio do expediente de contratación de varias obras de acondicionamento en varios barrios e zonas rurais de Santiago. Así, os campos da festa de Busto, cunha licitación de 158.281,20 euros; Casas de Arriba-Cesar, con 86.350 euros; Agualada (Marantes), con 94.602,08 euros; e A Peregrina, que terá unha licitación de 130.426,27 euros, se ben nestes dous últimos lugares o acondicionamento da parcela municipal será tamén para actividades deportivas.

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das obras de reposición de beirarrúas en varios barrios á empresa Construcciones en Piedra Sigras. A empresa Eulogio Viñal fíxose coa adxudicación das obras de reparacións de pavimento nos barrios de Sar e Angrois. Os importes destas adxudicacións son, respectivamente, de 59.910 e de 53.632,62 euros.

Compartir: