INMIGRACIÓN

Establécense sete documentos para a regularización dos inmigrantes

18/04/2005 Os inmigrantes que queiran regularizar a súa situación en Santiago de Compostela poden presentar os documentos acreditativos na Oficina de Inmigración, sita na Praza do Obradoiro, nos baixos de Raxoi.

Todos os inmigrantes con contrato de traballo que queiran regularizar a súa situación deberán presentar algún documento acreditativo, segundo foron informados os concellos galegos o pasado venres 15 de abril.

Os documentos válidos para demostrar a súa residencia en España son: solicitudes de ter pedido sen éxito certificados de empadronamentos anteriores, tarxetas de asistencia sanitaria, peticións de escolarizacion de menores, certificados de informes dos servizos sociais ou percepción de axudas, altas laborais da Seguridade Social, solicitudes de asilo e notificacións de Interior.

O proceso de regularizacion remata o vindeiro 7 de maio. O Ministerio de Traballo ofrecerá diariamente a través da súa páxina web os datos estatísticos por comunidades autónomas, réximes e nacionalidades do proceso de regularización de traballadores estranxeiros.

Compartir: