EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Cheo no Auditorio para presenciar a XI edición do certame "Compostela en Danza"

30/05/2016 A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolleu este domingo a XI edición do certame intercentros Compostela en danza, unha experiencia de dinamización cultural que achega o mundo da danza aos escolares de entre 3 e 18 anos. Nesta edición participaron 207 bailaríns e bailarinas, que deleitaron ao público que encheu o recinto.

O certame, que un ano máis tivo o financiamento da Deputación da Coruña, contou coa participación de alumnos e alumnas do colexios San Xosé de Cluny, Pío XII, López Ferreiro, Xelmírez I, Rosalía de Castro e Casas Novoa.

Xunto aos rapaces e rapazas estiveron os seus profesores durante o curso: Beatriz Viñal, no CEIP López Ferreiro e no IES Arcebispo Xelmírez I; Memé Martínez, Marta Alonso e Paula Quintas no CEIP Pío XII; Javier Magariños, no CEIP Arquitecto Casas Novoa; Silvia Miramontes, no IES Rosalía de Castro; e Sandra Valiñas, no Colexio San José de Cluny.

Direcciones relacionadas



Compartir: