ALCALDÍA

Visita do embaixador de Alemaña

30/10/2006 O embaixador de Alemaña, Wolf-Ruthard Born, pasou polo Pazo de Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O embaixador está de visita en Galicia, onde se está a manter diversas xuntanzas.

Wolf-Ruthard Born é embaixador de Alemaña en España dende marzo de 2006. Conta cunha extensa carreira diplomática e anteriormente foi embaixador do país xermano en Turquía e México.

Compartir: