ALCALDÍA
O acto foi aberto polo secretario municipal, Javier Castiñeira, en representación dos traballadores municipais, recuperando así unha tradición perdida nas últimas celebracións de Santa Rita.
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
20/05/2016 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
Martiño Noriega agradeceu aos empregados municipais o seu traballo e lembrou as dificultades que no seu labor veñen sufrindo nos últimos anos por cuestións como as limitacións na taxa de reposición ou os recortes nos seus dereitos. Neste sentido, o alcalde reiterou a vontade municipal de seguir recuperando os dereitos perdidos.O acto foi aberto polo secretario municipal, Javier Castiñeira, en representación dos traballadores municipais, recuperando así unha tradición perdida nas últimas celebracións de Santa Rita.