ACCIÓN CULTURAL
A programación retomarase despois das vacacións de verán. Para participar en calquera das actividades que conmemorarán estes 25 anos de historia do CSC de Vite, os interesados/as deben poñerse en contacto co persoal do centro.
Actividades, obradoiros e unha exposición fotográfica conmemorarán os 25 anos do Centro Sociocultural José Saramago de Vite
10/05/2016 O CSC José Saramago de Vite cumpre 25 anos e faino cunha ampla programación para os meses de maio, xuño e xullo. Inaugurado no 1991, foi o primeiro centro sociocultural de Santiago, un lugar de encontro para os veciños e veciñas do barrio e que conseguiu moitos logros e conquistas. Un exemplo é a Biblioteca José Saramago, un espazo singular do barrio que sirve como punto de conexión interxeracional no que participan nenos e nenas, maiores e persoas adultas.
Durante os meses de maio e xuño haberá unha exposición de fotografías de toda a xente que formou, forma e formará parte da vida do centro e que leva por nome CSC Vite, 25 anos de vida. A maiores preparouse un amplo programa de actividades, entre as que destacan teatro, tardes de baile, contacontos ou obradoiros en familia.A programación retomarase despois das vacacións de verán. Para participar en calquera das actividades que conmemorarán estes 25 anos de historia do CSC de Vite, os interesados/as deben poñerse en contacto co persoal do centro.