FESTAS

Arrancan as Festas da Ascensión 2016 con Efecto Pasillo e Fredi Leis

03/05/2016 Este mércores 4 de maio dan comezo as Festas da Ascensión, as da cidade por excelencia, que encherán Compostela de actividades e concertos ata o vindeiro domingo día 8.

O programa, que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, comeza co disparo de bombas ás 12:00 horas e coa comparsa de cabezudos. O primeiro concerto chegará da man de Santiago 40 Pop, coas actuacións de Efecto Pasillo, Álvaro Soler, Furious Monkey House e o compostelán Fredi Leis. Estará conducido polos DJ's Tony Aguilar e Paulo Regueiro.

A xornada remata con dúas orquestras: ás 23.00 na Alameda, a orquestra Ledicia, e ás 23.30 no Toural, Chicharrón.

Como indicou a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, na presentación do programa, "as festas da Ascensión son as festas da cidade por excelencia, nas que a Concellaría de Acción Cultural, como encargada da xestión integral da programación festiva, presta especial atención aos programas tradicionais, mantendo e reforzando os actos consolidados polo tempo e a aceptación social" conxugándoos con novas propostas para todos os públicos.

Direcciones relacionadas



Compartir: