CULTURA

Un obradoiro para reflexionar sobre a Cidade da Cultura

26/10/2006 O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a presentación de "Left for tomorrow", o obradoiro da artista e arquitecta eslovena Apolonija Sustersic dentro do proxecto de arte pública "A cidade Interpretada". As sesións teñen como tema fundamental a Cidade da Cultura.

Este obradoiro ten como punto de partida a intervención realizada por Sustersic no xardín das Hortas, onde construíu un punto de encontro denominado "Manifestation Platform". A peza consiste nunha plataforma ou escenario realizado con materiais sobrantes das obras da Cidade da Cultura: a característica pizarra local que o arquitecto Meter Eisenman escolleu para significar a superficie exterior do edificio, a madeira empregada nos enconfrados dos volume e restos de ferro das andamiaxes.

O obradoiro foi presentado polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, acompañado pola propia artista, polo comisario da exposición, Pablo Fanego; e polo director do CGAC, Manuel Olveira.

Compartir: