ALCALDÍA

Un Nobel de Química en Santiago

26/10/2006 O Premio Nobel de Química en 1991, Richard Ernst pronuncia unha conferencia o venres 27 no marco do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio de Santiago, e que nas últimas semanas xa contou coas intervencións doutros prestixiosos galardoados tamén pola Academia Sueca. O científico aproveitou a súa estancia en Santiago para visitar o Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o convidou a asinar no Libro de Honra.

No seu paso pola capital galega, Richard Ernst tiña previsto manter encontros con expertos en Resonancia Magnética Nuclear da Universidade de Santiago, ademais da conferencia. O científico oi Premio Nobel pola súa contribución ao desenvolvemento da espectroscopia por resonancia magnética nuclear de alta resolución. É un método moi preciso de caracterización no eido da química. Esta técnica é un exemplo de trasvase do coñecemento á sociedade, posto que pronto se converteu nunha ferramenta moi usada en medicina para obter imaxes moi precisas do corpo humano

Compartir: