CONSORCIO

Sánchez Bugallo entrega as publicacións editadas polo Consorcio aos directores dos colexios públicos da cidade

24/10/2006 O Consorcio de Santiago ven desenvolvendo desde a súa fundación unha importante actividade para a posta en marcha de diferentes programas para a promoción e difusión da cultura compostelá. Neste marco contémplase o programa de doazón de publicacións ás bibliotecas dos centros educativos de Santiago de Compostela que, como presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo iniciou novamente coa entrega dos libros aos directores dos centros públicos, institutos e colexios concertados.

Neste primeiro acto de entrega estiveron presentes os directores dos colexios públicos de Vite I e II, López Ferreiro, Roxos-Villestro, Monte dos Postes, Arquitecto Casas Novoa, Colexiata de Sar, Pío XII, Ramón Cabanillas, Lamas de Abade, Quiroga Palacios, Rodríguez Xixirei, Apóstolo Santiago, Fontiñas e Raíña Fabiola.

Os libros entregados forman parte das seguintes coleccións editadas polo Consorcio: Biblioteca Facsimilar, Biblioteca Científica Compostelana, Biblioteca de Divulgación Xacobea, Biblioteca Literaria Compostelana e Biblioteca de Imaxes. A estas coleccións estase a incorporar a Biblioteca Infantil e Xuvenil, destinada á difusión de Santiago entre os máis pequenos. Esta nova liña editorial conta coa colaboración de recoñecidas editoriais galegas, autores e ilustradores que achegarán, antes de final de ano, os primeiros títulos para os máis cativos e, con eles, o atractivo monumental e fantástico da cidade universal.

Documentos relacionados



Compartir: