CONSORCIO
A arquitecta do Consorcio que coordina este proxecto, Idoia Camiruaga, explica que "esta ferramenta simula as condicións climáticas e socioeconómicas dun distrito urbano co propósito de determinar que áreas e mesmo que edificios teñen, en relación ao consumo, entre outros indicadores, máis capacidade para producir enerxías renovables e cales, pola contra, están en peores condicións para conseguilo".
No caso de Santiago pártese dunha área da cidade histórica que abrangue os barrios do Castiñeiro, Pelamios e Vista Alegre. "É unha área rica socialmente, cunha variedade de usos moi alta, con vivendas históricas e do século XX, edificios de uso universitario, sociocultural, deportivo, aparcadoiros… e tamén con moito espazo verde", sinala a arquitecta do Consorcio.
"Trátase dunha ferramenta moi útil para responsables políticos, administradores de fincas e tamén para os propietarios ou usuarios de edificios e vivendas e permite escoller a estratexia de rehabilitación máis axeitada dende o punto de vista enerxético, ambiental e socioeconómico", indica Camiruaga. Salienta que "a finalidade é mellorar a sostibilidade da cidade partindo dos distintos barrios ou distritos urbanos, a través de intervencións tanto nos edificios como nos espazos públicos".
A cidade de Santiago disporá dunha ferramenta informática destinada a mellorar a súa sostibilidade enerxética
23/03/2016 O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.
Entre os tres socios que participan por parte de España atópase o Consorcio de Santiago e a cidade compostelá intervén como caso de estudo, xunto con barrios de Frankfurt e Budapest. Os socios do proxecto reuníronse estes días en Roma, onde se presentou unha versión avanzada da ferramenta.A arquitecta do Consorcio que coordina este proxecto, Idoia Camiruaga, explica que "esta ferramenta simula as condicións climáticas e socioeconómicas dun distrito urbano co propósito de determinar que áreas e mesmo que edificios teñen, en relación ao consumo, entre outros indicadores, máis capacidade para producir enerxías renovables e cales, pola contra, están en peores condicións para conseguilo".