ALCALDÍA

O Concello ratifica o seu compromiso en prol dos enfermos de Alzheimer

23/10/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), María Isabel Gey Pérez. A xuntanza serviu para reafirmar o compromiso do Concello santiagués en prol destes enfermos, que xa se concretou hai dez días coa sinatura dun convenio.

Xosé A. Sánchez Bugallo e María Isabel Gey falaron da posibilidade dun centro terapéutico e dos termos do convenio recentemente asinado, polo que o Concello achega 6.600 euros para colaborar coas actividades de AGADEA. Este acordo ten por obxecto a colaboración nos custos do servizo de transporte adaptado, servizo que necesita a asociación para poñer en marcha uns "Talleres de estimulación cognitiva e psicomotriz para enfermos de Alzheimer e outras demencias".

Ademais, o alcalde manifestoulle a intención municipal de seguir colaborando nesta ou noutras iniciativas, como parte do compromiso para garantir a calidade de vida das persoas e unha orde social máis xusta e solidaria.

Compartir: