CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de centros socioculturais destina 71.000 euros ás súas actividades para os tres últimos meses do ano

23/10/2006 O Goberno municipal aprobou o orzamento de gastos e ingresos das actividades da rede sociocultural para outubro, novembro e decembro de 2006. Os gastos serán de 71.000 euros, que permitirán dar continuidade a actividades coma os talleres infantís e de maiores, os ciclos de cine, as accións dos clubs de tempo libre, os festivais de música ou os festivais de músicas e demais actividades lúdicas.

Fronte a este orzamento de gastos, o de ingresos, procedente das cotas pola participación nas diversas actividades, fíxase en 20.465 euros. Os gastos por estas actividades financiaranse con cargo aos convenios co Consorcio de Santiago e coa Deputación da Coruña para o Centro Sociocultural do Ensanche.

Compartir: