PROMOCIÓN ECONÓMICA

Novos cursos de formación para titulados universitarios

19/10/2006 A Concellaría de Promoción Económica e Emprego pon en marcha unha serie de cursos de formación dirixidos a titulados universitarios, organizados en colaboración coa Universidade de Santiago e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.

Con estes cursos trátase de complementar a formación dos titulados universitarios adaptándoa ás necesidades reais das empresas e cubrindo as carencias detectadas a través dos diferentes estudos e diagnoses. Os cursos serán sobre as seguintes materias: inglés para a actividade empresarial, francés para a actividade empresarial, asesoría financeira, práctica fiscal, práctica contable e emprendemento e desenvolvemento.

A duración destas accións formativas é de 150 horas, e está prevista a participación de 15 alumnos en cada un deles, de maneira que serán 90 os titulados beneficiarios desta serie de seis cursos. O seu comezo está previsto para primeiros de novembro e os interesados poden poñerse en contacto coa Oficina de Promoción Económica e Emprego (981 542 493) para coñecer máis en detalle o contido de cada un deles e facer as correspondentes inscricións.

Compartir: