FILHARMONÍA

A representación de "As vodas de Fígaro" concita o recoñecemento unánime do público

18/10/2006 Con motivo do 250 aniversario do nacemento de Mozart, o Auditorio de Galicia acolleu a posta en escena da ópera "As vodas de Fígaro", coa música da Filharmonía e Ros Marbá na batuta. Foi unha noite de aplausos e recoñecemento para unha obra que concitou grande expectación. Non faltou á cita o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, nin o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

A posta en escena de "As vodas de Fígaro" é un dos pratos fortes para esta tempada da Real Filharmonía de Galicia. Para os que perderon a primeira representación, haberá outra o sábado 21 de outubro. Este acontecemento é posible grazas á colaboración na produción da Fundación Ópera de Oviedo. A dirección musical corresponde a Antoni Ros Marbá, mentres que a dirección de escena corre a cargo de Curro Carreres, que segue as directrices do que fora director artístico do Teatro Real de Madrid, Emilio Sagi. Na función de coro atópase o Taller de Canto do Orfeón Terra a Nosa.

Compartir: