ALCALDÍA

Os inspectores de Facenda reúnense en Compostela

18/10/2006 Do 18 ao 20 de outubro, Santiago de Compostela acolle o XVI Congreso da Organización Profesional de Inspectores de Facenda do Estado. No marco do programa deste evento, os participantes pasaron polo Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O programa do Congreso contén varias ponencias e mesas redondas sobre os modelos de axencias tributarias. A inauguración, o xoves 19 de outubro, contará coa presenza do director xeral da Axencia Tributaria, Luis Pedroche Rojo.

Compartir: