RELACIÓNS VECIÑAIS

O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación de Veciños da Barciela

18/10/2006 A nova directiva da Asociación de Veciños da Barciela vén de tomar posesión e quixo manter o seu primeiro contacto co alcalde compostelán Xosé. A. Sánchez Bugallo, que os recibiu en Raxoi.

Os representantes desta parroquia santiaguesa, situada nun dos límites do municipio, aproveitaron a xuntanza para manifestar a súa vontade de colaboración. Ademais, transmitíronlle ao alcalde as súas principais reivindicacións dos veciños. Acompañounos tamén o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama.

Compartir: