FUNDACION GRANELL

"Atilde" homenaxea cun recital a Hans Christian Andersen

14/04/2005 O xoves 14 de abril ás 18.30 horas o grupo de teatro "Atide", das aulas da terceira idade de Compostela, realizará un recital-homenaxe a Hans Christian Andersen na Fundación Granell.

"Atide" levará a cabo o espectáculo previsto para o maratón de lectura "Andersen, contos de sempre", que foi organizado conxuntamente pola asociación galaga de libro infantil e xuvenil, G.A.L.I.X e a Fundación Granell o pasado 1 de abril, co gallo do bicentenario do autor e a celebración do día infantil e xuvenil. O acto viuse interrumpido por problemas técnicos ocasionados polas inclemencias meteorolóxicas que ese día sufriu a cidade.

O espectáculo inclúe varios contos de Andersen, así como unha pequena mostra de cancións infantiles e xuvenís, tanto en galego como en castelán, que foron recuperadas polos alumnos das Aulas da Terceira Idade de Compostela. A entrada é gratuita.

O grupo de teatro "Atide" foi fundado en 1978 baixo a dirección de Rodolfo López-Veiga Ponte, recén inauguradas as aulas da terceira idade, e está formado por 19 membros maiores de 50 anos. Actualmente o grupo está dirixido por María Montaña.

Compartir: