ALCALDÍA

O Concello únese á celebración do 150 aniversario da creación da Facultade de Farmacia

17/10/2006 A Facultade de Farmacia prepara os actos de conmemoración dos 150 anos da súa creación, que se cumprirán en 2007. O Concello de Santiago non é alleo á importancia desta data e prestará toda a súa colaboración para que se celebre con éxito. Así llo transmitiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, á comisión encargada destes actos, presidida polo decano da Facultade, José Miñones Trillo. Tamén estiveron os profesores José María Calleja, Francisco Díaz-Fierros e Xerardo García.

Os estudios de Farmacia nacen na Universidade compostelá en 1815, coa creación do Colexio de San Carlos. Estes estudos interrompéronse poucos anos despois e non se reiniciaron ata 1857, ano en que se creou a Facultade de Farmacia no antigo Colexio Maior Fonseca. O seu decano foi Antonio Casares e Rodrigo, posteriormente Rector da Universidade.

Agora, cando se achega o 2007, os responsables de Farmacia decidiron recoller nunha serie de actos conmemorativos a importancia destes estudos na evolución científica e humanística da Universidade, e na sociedade galega na actualidade.

Compartir: