CURTOCIRCUÍTO

Comeza o obradoiro "Non te curtes", de CurtoCircuíto

16/10/2006 O martes 17 comeza o Obradoiro Avid "Non te curtes", cuxo fin é ensinar tanto teórica como practicamente, a montaxe en edición dixital. Esta é unha das actividades que se levan a cabo con motivo do Festival Internacional de Curtametraxes CurtoCircuíto’06, que rematará o sábado 21 coa Gala de Entrega de Premios bautizada co nome de "Ponte de curto".

Este Obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14), en horarios de mañá e tarde, e será impartido por profesionais de AVID, empresa que patrocina o obradoiro. Cada día haberá dúas sesións de mañá e de tarde (10 a 14 e de 16 a 20 hs), nas cales, trinta concursantes inscritos asistirán durante unha hora a unha clase teórica de edición impartida por Avid.

Os participantes disporán a continuación de tres horas para realizar a montaxe da súa curta, cuxa duración non superará os cinco minutos. Dos catro finalistas, un xurado do Festival seleccionará ao gañador, quen recibirá o Premio Avid durante a Gala de Entrega de Premios, que se celebra o 21 de outubro, ás 22:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: