EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música dá a coñecer a súa oferta

11/10/2006 Co inicio do novo curso, a Escola Municipal de Música realiza unha campaña para dar a coñecer aos rapaces da cidade a oferta do centro e animar a máis matriculacións. Por este motivo, durante a semana vindeira, haberá unha serie de pequenos concertos nos institutos de educación secundaria e nos centros de primaria.

Un grupo de profesores da Escola achegarase aos centros en horario de mañá para difundir a oferta do centro, situado nas instalacións do Colexio Santiago Apóstolo. As especialidades instrumentais ofrecidas este ano son: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, percusión, contrabaixo, acordeón, oboe, frauta, saxofón, clarinete, trompeta, trompa, gaita, guitarra eléctrica e baixo eléctrico. Ademais, están previstas diversos cursos e conferencias ao longo do curso.

Compartir: