ALCALDÍA

O Alcalde recibe ao Presidente da Asociación de Inspectores de Educación de Galicia

13/04/2005 Santiago de Compostela acollerá durante os días 4, 5 e 6 de maio o VIII Congreso Estatal de AIDE-Federación (Asociación de Inspectores de Educación).

Jesús Jorge Campos, inspector de Educación e Presidente da AIEG (Asociación de Inspectores de Educación de Galicia) visitou hoxe ao Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo con motivo da organización do VIII Congreso Estatal de AIDE-Federación. As xornadas, que nesta edición tratarán sobre a "Inspección de educación e tecnoloxías da información e a comunicación", terán lugar durante os días 4, 5 e 6 de maio na nosa cidade.

Trátase dun congreso a nivel estatal que contará coa presenza do Alcalde compostelán no día da súa inauguración. Conferencias, actividades culturais e unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia son actividades principais deste congreso. Nas ponencias participarán destacadas personalidades como Federico Mayor Zaragoza, ex-Ministro de Educación e Ciencia e ex-Director Xeral da Unesco, Juan Pazos Sierra, catedrático de Intelixencia artificial e Enxeñería do Coñecemento da Universidade Politécnica de Madrid ou Alejandro Tiana, Secretario General de Educación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros.

Compartir: