ALCALDÍA

O Concello reafirma a súa adhesión ao Ano da Memoria

10/10/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Fundación 10 de Marzo, Manuel Vilares Creo, e a outros integrantes desta entidade. Na xuntanza falaron sobre as distintas actividades que a Fundación organiza e nas que o Concello colabora, especialmente neste Ano da Memoria.

Un exemplo desta colaboración foi a colocación, o pasado 20 de maio, no Campo da Festa de Lavacolla, dunha placa en lembranza dos milleiros de presos republicanos que, feitos prisioneiros, contribuíron á mellora das pistas de aterraxe do aeródromo santiagués.

A Fundación 10 de marzo debe o seu nome á data na que, en 1972, dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, resultaron mortos pola intervención da policía. É unha institución de carácter cultural que, entre outras actividades, organiza o Arquivo da Historia Sindical de Galicia, contribúe á recuperación da memoria histórica contemporánea de Galicia e participa na organización de actividades sociais e culturais.

Compartir: