ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recalca a proximidade ás casas da maioría dos incendios deste verán

10/10/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu ante a Comisión de Estudo sobre o lume no Parlamento galego, onde explicou as circunstancias da vaga de lume que asolou o municipio durante o mes de agosto. En particular, destacou o feito de que a maioría dos lumes e produciran preto das casas e o ritmo de incendios, máis de cinco diarios nas xornadas máis intensas.

Sánchez Bugallo salientou o traballo realizado polos distintos servizos municipais para a extinción destes incendios nunha situación de excepcionalidade como a producida entre os días 4 e 14 de agosto. Nestes 11 días, os bombeiros tiveron que atender 171 incendios. No que vai de ano arderon na cidade 1.422 hectáreas.

Compartir: