ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co delegado do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia

27/10/2015 O alcalde, Martiño Noriega, reuniuse en Raxoi co delegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Fernando Blanco Silva.

A xuntanza foi unha primeira toma de contacto, que serviu ao Colexio para porse a disposición do Concello co fin de fixar colaboracións no ámbito da enxeñaría industrial.

Compartir: