ACCIÓN CULTURAL

Mark Olson presenta este domingo o seu novo traballo dentro do ciclo Sons

27/10/2015 Mark Olson, fundador, cantante, guitarra e co-autor dos éxitos da banda The Jayhawks presenta en España Good Bye Lizelle, o seu revelador álbum de 2014, xunto con Ingunn Rongvold e o gran harmonicista español Juan Blas Becerra. Será o domingo 1 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Sons. As entradas para o concerto, a 10 € anticipada e 12 € o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Con este álbum, o artista marca un punto e aparte con respecto a todo o que fixera antes, con Jayhawks e con Creekdippers, creando un novo son optimista e claro. Good Bye Lizelle é unha colección de cancións nas que se condensan décadas de traxectoria musical. Gravado en caravanas, casas de campo e habitacións de hotel xunto á súa compañeira Inngun Ringvold, cantante e multi-instrumentista norueguesa, o álbum destila vitalidade e suavidade sonora.

O traballo musical e Mark Olson é ben coñecido para os amantes do xénero musical "Americana" e do "Alt Country" a través de The Jayhawks e máis tarde en Creekdippers xunto coa súa parella de entón, Victoria Williams, e Mike Russel. Con esta nova etapa, o artista da renda solta aos novos sons, introducindo un toque especial de harmónica tras a magnífica experiencia na súa xira anterior, contando con Juan Blas.

Compartir: