ALCALDÍA

O Concello de Santiago expresa a súa solidariedade cos traballadores do cerco

26/10/2015 O alcalde recibiu esta tarde no Pazo de Raxoi os representantes dos mariñeiros do cerco, que están acampados nas inmediacións das instalacións da Xunta, en San Caetano, desde o pasado día 22.

Martiño Noriega foi informado das reclamacións do sector, que protesta porque 120 embarcacións están amarradas por non ter cota para capturar bacareu. Tampouco teñen cota de xurelo, e unha porcentaxe mínima de xarda. Segundo os mariñeiros, con esta situación, a súa actividade deixará de ser rendible.

Antes desa reunión, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia desprazouse a San Caetano para falar co sector. Xan Duro comprometeuse a instalar contedores e váteres portátiles na zona, para lles facilitar as cousas aos mariñeiros mentres continúen as súas protestas.

Compartir: