ALCALDÍA
A Fundación Ingada está en contacto con 400 familias da provincia da Coruña que teñen algún membro con TDAH. No conxunto de Galicia, esa cifra elévase a máis de 800. Ademais, a entidade lembra que son moitas as persoas que non están diagnosticadas. A Fundación é un instituto constituído en xaneiro de 2014, que reúne a profesionais galegos de distintos sectores como a saúde, a educación, a economía, a comunicación ou o dereito.
O seu obxectivo é axudar ás persoas afectadas por TDAH (Transtorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) e as súas familias. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro que se dedica á formación de profesionais, a orientación clínica, pedagóxica ou laboral, as actividades preventiva, a asesoría xurídica e á participación en estudos de investigación, entre outras actividades.
O Concello e a Fundación Ingada estudan fórmulas de colaboración
26/10/2015 O alcalde de Santiago amosou hoxe a súa vontade de colaborar na sensibilización da sociedade en todo o que ten que ver coa TDAH, o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade. Foi no transcurso da reunión que Martiño Noriega mantivo este mediodía cos responsables da Fundación Ingada, co seu presidente, Ángel Carracedo, á cabeza. O rexedor compostelán gabou o traballo que desenvolve esta entidade, única deste tipo no conxunto do Estado.
O presidente da Fundación Ingada agradeceu a boa acollida do alcalde ás súas propostas. Na entrevista, Ángel Carracedo deulle conta a Martiño Noriega do traballo que desenvolve a entidade e do congreso que vai celebrar en Santiago o próximo 21 de novembro. O rexedor comprometeuse a buscar fórmulas de colaboración, para o que haberá próximos contactos coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.A Fundación Ingada está en contacto con 400 familias da provincia da Coruña que teñen algún membro con TDAH. No conxunto de Galicia, esa cifra elévase a máis de 800. Ademais, a entidade lembra que son moitas as persoas que non están diagnosticadas. A Fundación é un instituto constituído en xaneiro de 2014, que reúne a profesionais galegos de distintos sectores como a saúde, a educación, a economía, a comunicación ou o dereito.
O seu obxectivo é axudar ás persoas afectadas por TDAH (Transtorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) e as súas familias. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro que se dedica á formación de profesionais, a orientación clínica, pedagóxica ou laboral, as actividades preventiva, a asesoría xurídica e á participación en estudos de investigación, entre outras actividades.