ALCALDÍA

O alcalde asisitu á inauguración do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos

26/10/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu á inauguración do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, situado no antigo asilo da rúa das Carretas.

Estas novas instalacións contan cun espazo de atención aos peregrinos en diversas linguas, Biblioteca de Estudos Xacobeos, zona e oficina de información turística sobre o Camiño de Santiago e Galicia, zona para as asociacións de amigos do Camiño, área de administración e información, centro interconfesional, salón de actos e capela. O equipamento dispón tamén dunha zona de servizos para os peregrinos e da propia Oficina do Peregrino do Cabido da Catedral de Santiago.

Compartir: