CONVIVENCIA

O Concello decreta o peche cautelar dun local de ocio nocturno do Ensanche

23/10/2015 O Concello vén de decretar o peche cautelar do "Metrópolis", un establecemento de ocio nocturno do Ensanche que viña sendo obxecto de numerosas queixas veciñais.

A medida adoptouse o pasado venres, despois das denuncias feitas pola Policía Local e das inspeccións dos técnicos de Disciplina Urbanística.

Segundo os controis feitos pola Policía Local no establecemento do nº 41 da rúa República Arxentina, o pub non tiña licenza para a actividade que desenvolvía, ao tempo que incumpría cuestións relacionadas co aforo ou cos horarios. En canto a Disciplina Urbnística, os técnicos constataron a falta de condicións do local.

Compartir: