ALCALDÍA

O alcalde recibe a súa homóloga en Lourdes

21/10/2015 Martiño Noriega reuniuse esta mañá cunha delegación da cidade francesa de Lourdes, encabezada pola súa alcaldesa, Josette Bourdeu. Na xuntanza tamén participou a concelleira de Turismo, Marta Lois.

Compostela e Lourdes teñen en común o seren destinos de peregrinación, dúas cidades que medraron ao abeiro dun fenómeno relixioso pero que, co tempo, se consolidaron como destino cultural. Por iso, na xuntanza falouse da posibilidade de chegar a acordos en materia de promoción turística. Esa posible colaboración enmarcaríase nas estratexias do goberno local para conseguir unha maior desestacionalización, unha das eivas ás que se enfronta o sector nas dúas vilas.

Compartir: