ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao Cónsul Xeral de Francia en Bilbao

05/10/2006 A Casa do Concello recibiu a visita do Cónsul Xeral de Francia en Bilbao, Thierry Frayssé, que foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A de Bilbao é a circunscripción consular que abrangue todo o norte peninsular, Galicia incluída.

O cónsul galo visitou Compostela co fin de entregarlle a Orde das Palmas Académicas Francesa a Augusto Villanueva, profesor de Medicina Interna da Universidade de Santiago. Cunha longa traxectoria diplomática, Thierry Frayssé é o responsable do Consulado en Bilbao dende 2003.

Compartir: