ALCALDÍA

O alcalde informou aos veciños de Vista Alegre do estado das obras no barrio

16/10/2015 O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación de Veciños de Vista Alegre, encabezada polo seu presidente, Antonio Puga. O colectivo veciñal trasladoulle a Martiño Noriega o malestar da veciñanza polo atraso na execución destas obras, e recoñeceu sair satisfeito das explicacións recibidas por parte do rexedor.

O alcalde aseguroulle á Asociación de Veciños que o de Vista Alegre é un tema que lle preocupa ao goberno municipal, e lembrou que foi preciso paralizar os traballos durante o verán para redactar a III Fase, que corrixe algunhas deficiencias derivadas das dúas fases anteriores, e que hoxe recibiu o visto bo na Xunta de Goberno.

Martiño Noriega e Antonio Puga coincidiron en que as obras están a marchar a moi bo ritmo nos últimos días, e nese sentido o rexedor asegurou que os fondos europeos comprometidos para esta actuación non están en risco.
Por último, Martiño Noriega comprometeuse a mellorar a comunicación coa asociación de veciños, e informala de cada detalle relacionado co proxecto.

Compartir: