ALCALDÍA

O alcalde recibe a directiva de Área Central

15/10/2015 O alcalde recibiu esta mañá ao xerente de Área Central. Foi unha primeira toma de contacto entre Martiño Noriega e Javier González, que ocupa ese posto na superficie comercial desde o pasado mes de abril.

O xerente de Área Central informou ao rexedor dos seus proxectos para revitalizar este espazo de Fontiñas, que non quere ser concebido como unha gran superficie ao uso, senón como un gran barrio comercial. Nese sentido, Javier González pediu o respaldo do Concello ás iniciativas de dinamización que se poñan en marcha en Área Central, como o Compostela Maker Faire, que se celebrará o próximo día 17, e no que colabora a concellería de Promoción Económica. Martiño Noriega comprometeuse a estudar as propostas que cheguen desde o centro, para respaldar "un modelo semellante ao comercio de proximidade".

Compartir: