ACCIÓN CULTURAL

Ábrese o prazo para inscribirse na viaxe termal a o balneario de Lobios

15/10/2015 Os interesados poderán facelo a partir das 17.00 horas de hoxe xoves 15 de outubro, de forma prensencial nos centros socioculturais.

O programa Imos de excursión 2015 inclúe, como noutras edicións,
unha actividade dedicada especificamente á difusión dos beneficios do termalismo como práctica saudable, con recoñecidos beneficios para a saúde.

A proposta deste ano é unha viaxe con estancia de dúas noites nas datas do 16 ao 18 de novembro no hotel balneario de Lobios, pertencente á cadena Caldaria, cun programa moi atractivo que permitirá que os participantes, ademais de gozar dunha convivencia en grupo, coñezan de preto os beneficios dos programas de saúde que ofrece o termalismo.

O prezo da viaxe é de 130 euros e inclúe estancia de dúas noites en habitación doble, pensión completa e acceso desde a primeira tarde ás piscinas, ademais de dúas técnicas termais hidroterápicas nos días 17 e 18.

O grupo partirá de Santiago o luns 16 de novembro ás 14.30h , con chegada ao balneario sobre as 17h e a viaxe finalizará o mércores 18 coa chegada a Compostela sobre as 18.30h. O programa completo podese consultar en calquera dos centros socioculturais e mesmo descargalo da páxina web municipal.

A partir de hoxe xoves 15 de outubro ás 17 horas abrirase o prazo para inscribirse a través dos centros socioculturais, inscrición presencial.

Información do programa e inscrición nos centros socioculturais.
www.santiagosociocultural.org

Documentos relacionados



Compartir: