CONSORCIO
A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago responsable deste proxecto, Idoia Camiruaga, explica que "a finalidade desta intervención era reparar a cubrición do templo, eliminando, ao mesmo tempo, as plantas superiores dos encontros entre o tellado e a torre-campanario".
A arquitecta sinala que o encontro entre a torre-campanario e a cuberta presentaban algunha invasión de plantas que enraizaban nas xuntas e tamén nos encontros entre elementos construtivos. Ademais, a cuberta atopábase en mal estado, xa que estaba deformada pola rotura dalgunha das pranchas baixo a tella e tiña moitas tellas desprendidas, co risco que isto supoñía para o normal uso do adro e do cemiterio. A pesar desta situación, non había filtracións de auga no interior do edificio.
Substituíuse a tella
Na cuberta do templo substituíuse a tella. "Ademais, colocouse unha peza especial de remate no cumio do tellado, baixo a tella, para asegurar a ventilación da cámara do baixo cuberta, que aínda mantén a estrutura de madeira en bo estado" -indica Camiruaga-. Por outro lado, efectuouse unha revisión dos encontros entre o tellado e o remate da fachada principal, coa colocación de babeiros especiais en toda a súa lonxitude.
O Consorcio reparou a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla
09/10/2015 As obras, cun orzamento de 18.554,44 euros, centráronse na renovación das tellas e na eliminación da vexetación.
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, o organismo interadministrativo interviu na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascendeu aos 18.554,44 euros, centráronse en particular na cuberta do templo.A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago responsable deste proxecto, Idoia Camiruaga, explica que "a finalidade desta intervención era reparar a cubrición do templo, eliminando, ao mesmo tempo, as plantas superiores dos encontros entre o tellado e a torre-campanario".