IGUALDADE

A praza do Obradoiro énchese de pegadas nunha acción creativa en prol da igualdade

09/10/2015 O camiño da Igualdade quere facer visible o apoio da cidadanía para chegar a unha sociedade igualitaria.

Decenas de pegadas enchen a Praza do Obradoiro para reivindicar a igualdade. Trátase dunha acción creativa organizada polo Concellería de Igualdade que busca a unión e apoio da cidadanía ante a necesidade dun cambio cara a unha sociedade que sexa realmente igualitaria.

Diante do Pazo de Raxoi está colocada unha mesa informativa con cartolinas, rotuladores e distintos elementos para que os participantes poidan personalizar a súa pegada en prol da igualdade. A finalidade é que se faga un camiño ata a estrutura de Mulleres que, dende hai varios días, se atopa baixo os soportais do Pazo de Raxoi.

Compartir: