EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música imparte o Seminario de Músicas Tradicionais coordinado polo profesor Pablo Pascual

09/10/2015 O proxecto comprende seis áreas instrumentais con formación para a realización de arranxos musicais e teoría da música galega.

O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou o Seminario de Músicas Tradicionais, unha actividade que se imparte e fomenta desde a Escola Municipal de Música. O coordinador da mesma é o profesor de clarinete e gaita desta Escola, Pablo Pascual, que conta cunha longa e recoñecida traxectoria profesional.

O proxecto comprende seis áreas instrumentais: acordeón diatónico, gaita, acordeón tradicional, arpa, percusión tradicional e danza tradicional. Complétase con sesións de linguaxe musical, participación na agrupación tradicional, formación para a realización de arranxos musicais e teoría da música tradicional galega.

O seminario conta con músicos de recoñecido prestixio non só en Galicia, senón no ámbito internacional. As especialidades que se imparten son: Acordeón Diatónico (prof. Pedro Pascual), Gaita (prof. Pablo Pascual), Acordeón Tradicional (prof. Javier Díaz), Arpa (prof. Bleuenn Le Friec), Percusión Tradicional (prof. Miguel Anxo López), Danza Tradicional (prof. Marta Otero).

Cunha media de 12 alumnos por especialidade máis a formación grupal específica, o Seminario de Música Tradicional conta inicialmente cunha oferta educativa de 80 prazas. O prazo de inscrición xa está aberto cunha cota mensual de 53,50 euros que se poderá formalizar mediante o impreso correspondente, a disposición na Escola Municipal de Música e nas páxinas web www.santiagodecompostela.gal e www.esmucompostela.es. O seminario impartirase de novembro a xuño de 2016.

Documentos relacionados



Compartir: