ALCALDÍA

O alcalde participa na concentración das vítimas do Alvia fronte aos xulgados de Fontiñas

09/10/2015 Martiño Noriega acode á concentración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155 para amosarlle ao seu apoio tras o peche da instrución.

O rexedor compostelán, Martiño Noriega, acudiu esta mañá aos xulgados de Fontiñas onde se concentraban vítimas do Alvia chegadas de distintos puntos de España e convocados pola Plataforma de Vítimas Alvia 04155. Martiño Noriega quixo amosar a súa solidariedade coas vítimas tras o peche da instrucción cun único imputado, o maquinista.

Compartir: