ACCIÓN CULTURAL
Esta excursión, preparada sobre todo para o goce dun público familiar, ten por obxectivo achegar aos participantes á riqueza da fauna e da natureza deste parque zoolóxico que se atopa cerca de Lugo. Comezará cunha parada na localidade de Guitiriz para logo dirixirse ao parque de Marcelle, cunha visita guiada de 2 horas de duración. Xa pola tarde o grupo poderá coñecer Lugo da man dunha guía oficial.
O prezo da excursión é de 25€ e non inclúe o xantar, que correrá a conta dos participantes. Inclúe o autocar, guía acompañante, guía oficial en Lugo, a entrada ao parque zoolóxico e o seguro de asistencia na viaxe.
As inscricións para esta excursión son presenciais, non se admiten apuntamentos por teléfono, e cada persoa pode anotar a un máximo de dúas prazas.
Descarga o programa de excursións en
www.santiagosociocultural.org
O programa "Imos de excursión" continúa cunha visita ao zoo de Marcelle
06/10/2015 A Concellería de Acción Cultural continúando coa programación de saídas e excursións promovidas desde os centros socioculturais para este ano 2105. A seguinte visita será ao zoolóxico de Marcelle, en Lugo.
Dende o martes 6 de outubro a partir das 17 horas comezan nos centros socioculturais as inscricións para participar na excursión organizada ao parque zoolóxico de Marcelle e Lugo, prevista para o domingo 25 de outubro.Esta excursión, preparada sobre todo para o goce dun público familiar, ten por obxectivo achegar aos participantes á riqueza da fauna e da natureza deste parque zoolóxico que se atopa cerca de Lugo. Comezará cunha parada na localidade de Guitiriz para logo dirixirse ao parque de Marcelle, cunha visita guiada de 2 horas de duración. Xa pola tarde o grupo poderá coñecer Lugo da man dunha guía oficial.