EDUCACIÓN

Compostela celebra do Día Mundial das Aves

04/10/2006 A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, celebra o Día Internacional das Aves, o 5 de outubro, cun programa de actividades. Contribuír a unha maior sensibilización da poboación sobre o medio ambiente é o obxectivo desta iniciativa.

O Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a partir das 19:00 horas unha proxección de diapositivas de aves de Kenia e das Illas Galápagos, con especies que se poden atopar na propia Alameda de Santiago. No mesmo paseo da Susana pódense atopar na actualidade unhas 50 variedades de aves.

As actividades continuarán o sábado 7 de outubro, ás 10:00 horas, cunha xornada de anelamento científico de aves na Granxa do Xesto. Pola tarde, tamén en Fontiñas, proxectarase a curtametraxe "O monte de San Xurxo", de Pablo García Rivas. O calendario complétase o sábado 14 cun paseo pola Alameda para observar as aves. O punto de encontro será a fonte situada fronte ao Instituto Rosalía de Castro.

Compartir: